sábado, 6 de abril de 2013

Reflexión do blog!

               

                   "Las notas sueltas de la clavecinista Oscura". Así se chama este espacio. E supoño que os que me lean se preguntarán por qué. Pois ben, son clavecinista. Si,sí, clavecinista, non pianista. Non vou dar o meu nome real, porque desta maneira podo expresarme libremente, podo dicir aquelo que non podo expresar en alto, por medo a non sentirme entendida. Podo expresar con palabras aquelo que moitas veces expreso cas melodías do meu clavicémbalo.
   
                    Non espero ter moitos seguidores, non espero nin sequera que me lexan. Este é un espacio de reflexión íntima, no que expresarei o meu desencanto con esta sociedade denigrante. Sen embargo tamén haberá historias e poesía de cando en vez, e incluso música! Escribirei tanto en castelán como en galego, aínda que máis en galego por ser a miña lingua. Espero non ser moita decepción para a comunidade blogger!

1 comentario:

  1. Alégrome de que che gustase este agasaio, e de que lle deas bo uso :) Espero verte por aquí moi a miúdo :)

    ResponderEliminar