viernes, 24 de mayo de 2013

Cuestións musicais.

          A ver señores e señoras, damas e cabaleiros, e demáis fauna que me esté a ler, vouvos dicir unha cousa clariña que creo que a xente non entende: coñecer e escoitar todas as cancións de determinados cantantes ou dun ou varios grupos non é saber de Música. E fixádevos que digo Música, con maiúscula, que para min non é o mesmo que a música con minúsculas ou que o ruido.

        Para comezar, quero aclarar que unha persoa sabe de música cando dedicou tempo da súa vida a estudala, comprendela e escoitala. Esto implica que polo menos podes ler unha partitura con soltura en clave de sol (xa non digo de fa), que teñas certo control sobre algún instrumento e que polo menos teñas un mínimo de oído. Ademais, "saber de música" conleva a que unha persoa comprenda minimante as relación musicais que se establecen en toda composición, entendendo por suposto os conceptos de tonalidade, modalidade, escala, armonía, melodía, notas, sostenidos, bemoles ou acorde. Esto é para min saber de Música.

         Por outra banda hai casos especiais nos que unha persoa non ten nin idea de teoría musical nin sabe ler unha partitura, pero o compensan cun oído absoluto estupendo. Obviamente, se saben dicir que hai un violinista que está tocando ca postura mal posta e desafinando entre dez nunha orquesta, pois claro está que sí sabe de Música. As obras que estén dentro de esta categoría serían as do canon musical superior, que vai dende a Antiguedade ata digamos as novas correntes musicais do século XX. Son todas obras complexas (máis dificiles ou menos) que son elaboradas por xente con estudos musicais, que sabe de Música.

        As persoas que saben de Música con maiúscula, obviamente tamén saben de música con minúscula ou de ruido. Con esto quero dicir que se unha persoa escoita, recoñece ou é capaz de analizar unha fuga de J.S. Bach, tamén é capaz de comprender unha canción de por exemplo de Onde Direction (por por algún exemplo actual), e comprende que hai un salto de nivel bastante considerable. A estas composición lixeiras imos chamarlle música en minúscula, que englobaría pois as canción pop, rock e outros xéneros varios actuais. Dentro de esta categoría claro está, hai diferentes niveis. Calqueira persoa que saiba de Música poderá comprobar que un tema de por exemplo, Metallica terá unha complexidade maior que un do Sueño de Morfeo. É dicir, toda persoa con mínimos coñecementos musicais sabe distinguir que é Música e que é música, e dentro desta, cal é a máis decente ou cal é a menos, sen confundir nunca gustos con teoría musical, que é o que non entende moita xente. Ademais, dentro da categoría a que eu lle chamo ruido están as cancións que nin sequera son cancións musicalmente falando, este tipo de música actual que agora está de moda nas discotecas, que ten dous acordes (cando os ten) e catro notas mal enlazadas (cando as teñen). Vou por de exemplo ao señor Pitbull, e ao regateon este (do que teño que disculparme por non saber nin cómo se escribe). Eso sinceramente, a min derríteme o cerebro se estou máis de un cuarto de hora escoitándoa.

          Cal é o problema entón? Pois veredes, o problema é que a xente é unha inculta por normativa, e que non ten claro estas cuestións. A maioría das persoas mesturan gustos con coñecementos, é dicir, a unha persoa que sabe de Música lle pode gustar escoitar "ruido", eso xa queda o gusto de cada uno, aínda que o normal sexa que a xente que saiba de Música, escoite Música ou música complexa. Despois están estas persoas que van de entendidas pola vida porque coñecen a todos os santos grupos dun determinados xénero musical e non conectan o cerebro cada vez que falan. Pero claro, como a xente é unha inculta,  faille caso e asinte a todo o que lle din, pero logo topa cunha persoa entendida e queda en ridículo, com ten que ser. E logo o que tampouco pode ser é que persoa que levan anos estudandoM´sica e traballando duro, sendo realmente vos estén mortos de asco porque non teñan traballo, e que logo saia Pitbull dicindo "dale" e "un, dos, tres, cuatro" e xa sexa o millor do mundo. Ou como os nenés estes que se creen que por ter a unha marea de nenas tolas perdidas por fans, poden insultar, decir e facer o que lles pete. Sinceramente, é unha tristeza todo esto. Só vos pido un pouco máis de sentidiño, escoitade máis Música e máis música complexa, e non tanto ruido, por favor.

         Deixovos aiquí un par de enlaces de grandes obras da Música:
http://www.youtube.com/watch?v=K8-IrXDAm8I
http://www.youtube.com/watch?v=Tu30o-oPRGQ
http://www.youtube.com/watch?v=UUQIIw_JXhY
http://www.youtube.com/watch?v=NJ-TBeR_4Ik
http://www.youtube.com/watch?v=fRgxY8VUOz8
        E algo de música lixeira pero complexa :)
http://www.youtube.com/watch?v=y8gN8P5XJtw
http://www.youtube.com/watch?v=Mlahvvymkxc
http://www.youtube.com/watch?v=Kw2Ic_2XdVQ
http://www.youtube.com/watch?v=CRNn5nR2Yco

      

No hay comentarios:

Publicar un comentario