sábado, 11 de abril de 2015

Consecutio temporum.

Os minutos non pasaban...

As horas arrastrábanse lentas e con preguiza, envolvéndose na lonxitude do tempo. O reloxo do meu cuarto, sumido nas tebras, ficaba quedo. As súas mans quedaran cruzadas naquel intre cheo de ledicia do que eu non quería saír.

Deleitábame unha e outra vez na túa lembranza: os teus ollos, os teus beizos, os teus aloumiños cheos de soidade, unha soidade que pretendía estar acompañada.

Pero todo o bo esfúmase; todo o que eu quería non tiña dereito a ser: porque eu son pecado, porque son o tempo mesmo, porque os propios Deuses non poden permitir que o que foi creado para facer o Mal sexa capaz de guiar a súa alma no Ben. 

Coelum non animum mutant qui trans mare currunt. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario