As túas verbas son o doce mel que me axuda a tragar a amarga mediciña da vida.
As túas verbas son os lazos que me axudan a saír do pozo no que me afundo sen vontade propia.
As túas verbas fan que a miña alma renazca das súas cinzas cada vez que é consumida polo lume do infortunio.
Ti, e só ti, es quen de facerme ver as cousas da vida, axudándome a borrar con risas alegres os golpes das afiadas pedras deste camiño que, espero, podamos seguir percorrendo xuntas.
Por ti e por min, grazas.