As túas verbas son o doce mel que me axuda a tragar a amarga mediciña da vida.
As túas verbas son os lazos que me axudan a saír do pozo no que me afundo sen vontade propia.
As túas verbas fan que a miña alma renazca das súas cinzas cada vez que é consumida polo lume do infortunio.
Ti, e só ti, es quen de facerme ver as cousas da vida, axudándome a borrar con risas alegres os golpes das afiadas pedras deste camiño que, espero, podamos seguir percorrendo xuntas.
Por ti e por min, grazas.
As miñas verbas? Son as túas verbas as que calquera querería poder recibir. Eu só son poeta inspirada por ánimas maravillosas e únicas coma a túa. Ti es unha desas personas polas que cada día rezo, e rezo por conservarte. Rezo por ti, porque sorrías e te queras tanto coma eu o fago. Rezo por min, por terte sempre ó meu carón.
ResponderEliminarPor ti, e por min. Grazas.
Amor infinito. Agora vou estar ñoña todo o día...
ResponderEliminar