martes, 30 de julio de 2013

Etéreo.

Sabedes esa sensación de ter algo ao alcance da man, o que máis queredes nese momento concreto das vosas vidas?
 Estades ansiosos por collelo, por respiralo, por telo entre os vosos brazos. Pensades que, en canto roce a vosa pel, as bágoas derramadas non serán máis que unha amarga lembraza dun pasado oscuro, que se difumina pouco a pouco...

Pero, de súpeto, puf. Nada. Aire. Todo cae ao voso redor, porque vos dades conta de que en realidade eso non era para ti, que o voso desexo era tan etéreo como o vento que zoa silenciosamente ao redor dos vosos cabelos.

E qué facer entón? Qué sentir? Cómo afrontar que xa non está? En qué ou en quén deberíades centrarvos agora?

Eu penso que os desexos son coma a brisa, e que canto máis fortes se fan, máis débil é o vento que os move.






No hay comentarios:

Publicar un comentario