sábado, 7 de junio de 2014

Lembranzas.

Ás veces lembro as túas mans sobre a miña pel, e penso en todo o que sentín. Esa sensación no peito que facía que me costase respirar ao mirarte aos ollos. Aquel benestar que me producía collerte da man e sentir que todo iría ben, que nada podería ferirme mentres ti estabas comigo.

Despois de tanto tempo sigo pensando en ti. Por qué? Porque fuches a única persoa deste mundo que foi capaz de tocar a miña alma, a única que fixo que fora eu mesma por un tempo.

E agora? Agora sinto e á vez non sinto nada. Por moito que me esforce non logro sentir por ninguén o que sentín por ti. Podo encapricharme, podo querer, pero nunca amar.

A capa de xeo que cubriu o meu corazón cando te fuches aínda está ahí, esperando a que alguén logre derretila dunha vez por todas, agardando a que curen a mña ferida con bicos cheos de amor verdadeiro. Será eso posible? 

Din que o tempo todo o cura, pero a verdade é que a ferida que me deixaches quedará marcada en min para o resto da miña vida.

2 comentarios: